Divulgación
Unha biblioteca ambulante leva aos escolares libros escritos por mulleres
. A Deputación de Pontevedra activa a biblioteca ambulante de Mulleres de palabra(s) para achegar publicacións escritas por mulleres a centros educativos de infantil, primaria e secundaria da provincia. Os centros educativos interesados poden completar xa a solicitude a través da sede electrónica do organismo provincial e ademais de instalar a biblioteca no centro educativo durante, como mínimo, un mes, a Deputación acompañará esta acción cun encontro cunha escritora.
A biblioteca ambulante é dunha das novidades da segunda edición deste programa que chegará aos centros educativos da provincia que así o soliciten. A Deputación, coa itinerancia da biblioteca, facilitará aos centros educativos a listaxe de títulos, ordenada por xéneros e por idade do público lector. O seu fondo está integrado por exemplares que abranguen desde títulos das autoras que participaron na primeira edición ou que foron recomendados, como por publicacións para público infantil e xuvenil, exemplares de banda deseñada e novela gráfica, poesía, obra das novas voces literarias e exemplares para público lector adulto.
- Pontevedra y Sanxenxo se quedan fuera de las ayudas de la Xunta para socorristas este verano
- Atascos en la AP-9 en Pontevedra por un accidente bajo el puente de A Barca
- Protesta contra la retirada de la balaustrada del paseo de Silgar este viernes
- Muere Gabi Ben Modo, símbolo del Teucro y referente del balonmano gallego
- O nos sacan a la fuerza o no salimos de nuestras casas', advierten los vecinos de San Mauro
- El PP de Pontevedra admite que la tasación de la Xunta por las expropiaciones de San Mauro son 'precios impropios
- El histórico edificio Varela de Pontevedra tendrá un uso turístico y contará con 17 apartamentos
- El dispositivo para La Vuelta Femenina se exhibe en Pontevedra