Tradición
O Concello de Caldas repartirá até 1.400 euros en premios na Festa dos Maios
O Concello de Caldas repartirá até 1.400 euros en premios na Festa dos Maios do vindeiro día 1. O tenente de alcalde Manuel Fariña, que anima a asociacións, colexios e entidades a participar na tradicional celebración da chegada da primavera, vén de anunciar que todos os colectivos que se presenten recibirán unha gratificación unha gratificación económica.
O responsable de Cultura destaca que os ‘maios’ son unha das tradicións máis singulares da cultura popular galega, transmitida ao longo dos anos da xente maior á máis nova. Co fin de que se manteñan estas celebracións e que Caldas poida lucir as construcións de fiúncho, flores, follas, froitos e ovos acompañadas de cantigas e coplas cheas de retranca e enxeño, o goberno local decidiu facer unha importante aposta económica nesta festa.
Así, este ano vai repartir até 1.400 euros en premios na celebración: haberá os tradicionais e respectivos premios de 200 euros á mellor copla, á mellor interpretación e ao maio mellor engalanado (que se poden acumular), e caberá a posibilidade tamén doutro premio extra, un accésit de 200 euros, para recoñecer o bo facer dalgún maio que non fose premiado nas categorías xerais.
- A juicio en Pontevedra por apropiarse de la herencia de 400.000 euros de su hijo de 10 años
- Atascos en la AP-9 en Pontevedra por un accidente bajo el puente de A Barca
- El PP de Pontevedra admite que la tasación de la Xunta por las expropiaciones de San Mauro son 'precios impropios
- La nueva vida de Ana Paz en Nueva Zelanda: entre la hostelería y la creación de contenido
- El histórico edificio Varela de Pontevedra tendrá un uso turístico y contará con 17 apartamentos
- «Gallegos de mierda», «os voy a matar»: los insultos que acabaron en detención durante un control de alcoholemia en Pontevedra
- Tres heridos, uno de ellos excarcelado, en un accidente múltiple en Marín
- Remontada de campeonato