Día das Letras Galegas
María Solar e Pedro Feijoo, primeiros nomes confirmados da Vila das Letras de Marín
O encontro literario celebrarase do 15 ao 17 de maio na Alameda de Marín e incluirá diferentes actividades e entregas de premios

O escritor Pedro Feijoo. / Xurxo Lobato
Marín volverá celebrar a fin de semana das Letras Galegas cunha programación pensada para reivindicar a literatura e a lingua galega. O Concello organizará do 15 ao 17 de maio unha nova edición da «Vila das Letras», un encontro que busca reunir a quen escribe, a quen le e a quen goza das historias.
A cita desenvolverase na Alameda e incluirá coloquios, presentacións de libros, contacontos, actividades infantís e obradoiros. A programación completa irase dando a coñecer nas vindeiras semanas, aínda que o Concello xa avanzou onos dous primeiros nomes confirmados: Pedro Feijoo e María Solar.
Ambos son dúas das voces máis recoñecidas da narrativa galega actual e protagonizarán dous dos encontros centrais da programación. A súa presenza reforza a aposta municipal por converter a «Vila das Letras» nun espazo de encontro entre autoras, autores e público lector, nunha fin de semana marcada pola celebración da cultura galega.
Pedro Feijoo participará na «Vila das Letras» o venres pola tarde para falar da súa última novela, «Onde nacen as bestas», así como da súa traxectoria literaria. Galicia, as súas tradicións, o misterio e os recunchos máis escuros da condición humana son algúns dos ingredientes habituais da súa obra, que o converteron nun dos escritores máis seguidos polo público lector do país.
Pola súa banda, a escritora, xornalista e comunicadora María Solar presentará «As malas ideas», a súa última obra publicada. A autora, cunha ampla traxectoria tanto na literatura xuvenil como na narrativa para público adulto, participará nunha conversa arredor dunha novela que promete unha sesión intensa e próxima co público.
A organización define a «Vila das Letras» como unha festa na que os libros saen das páxinas para atoparse coa xente. O evento conta co apoio do Plan Social de Ence e chega despois da campaña municipal do Día do Libro, que o Concello valora como un éxito.

María Solar. / FdV
A programación literaria terá tamén un dos seus momentos destacados coa entrega do XXIII Premio de Poesía Concello de Marín, dotado con 1.000 euros. O galardón está dedicado este ano á escritora viguesa Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.
O Concello lembra que o prazo para presentar manuscritos ao certame permanecerá aberto ata o 4 de maio. O fallo darase a coñecer no marco da programación das Letras Galegas, reforzando así o vínculo entre a creación poética e a celebración da lingua.
O xurado estará formado polos poetas Ismael Ramos, Tamara Andrés e Silvia Penas. Ramos é unha das voces destacadas da nova poesía galega, autor de títulos como «Os fillos da fame» e «Lixeiro», obra coa que recibiu o Premio Nacional de Poesía Xove «Miguel Hernández».
Tamara Andrés, poeta, tradutora e investigadora, conta cunha obra marcada pola experimentación formal e o diálogo entre linguas. Entre os seus libros destacan «Corpo de Antiochia» e «Irmá paxaro», e vén de publicar Eu son de aquí e de alá, unha obra arredor da figura da poeta Matilde Lloria.
Completa o xurado Silvia Penas, poeta e artista escénica cunha proposta que combina escrita, oralidade, música e performance. Autora de libros como «As uñas crecen», «Retratos de vodas, partos e funerais» ou «A pel do exilio», é unha das creadoras que máis teñen contribuído a levar a poesía galega contemporánea a novos públicos desde a experimentación e as artes vivas.
- A juicio en Pontevedra por apropiarse de la herencia de 400.000 euros de su hijo de 10 años
- El PP de Pontevedra admite que la tasación de la Xunta por las expropiaciones de San Mauro son 'precios impropios
- «Gallegos de mierda», «os voy a matar»: los insultos que acabaron en detención durante un control de alcoholemia en Pontevedra
- La nueva vida de Ana Paz en Nueva Zelanda: entre la hostelería y la creación de contenido
- Tres heridos, uno de ellos excarcelado, en un accidente múltiple en Marín
- Remontada de campeonato
- Todo listo para que abra la tienda juvenil de Mango en la 'milla de oro' de Pontevedra
- Movilización vecinal en Sanxenxo para conservar la icónica balaustrada de Silgar