O venres
Preto de cen escolares nas Xornadas de Convivencia de Poio
As III Xornadas de Convivencia organizadas polo Concello de Poio para o alumnado de 6º de primaria do municipio celebraranse este venres, 24 de abril, na Seca. Trátase dunha iniciativa que busca integrar á rapazada dos cinco colexios antes da súa chegada ao instituto o próximo curso, creando un ambiente de convivencia e cooperación nun momento clave para o seu desenvolvemento social e emocional.
Preto de cen alumnos e alumnas participarán na actividade, que é gratuíta e que arrancará ás 10.00 horas. Durante tres horas tomarán parte nunha megaxincana que inclúe retos, xogos e actividades grupais e cooperativas. Comezarán coa Illa Perdida e continuarán coa Máquina Humana, O arquivo do futuro, Cegos e guías, A Caixa Negra e A rede, para concluír coa Última ponte.
Segundo explica a concelleira de Mocidade, Tamara González, «é unha oportunidade para coñecerse, para poñerse cara e para gozar todos xuntos antes de coincidir no instituto o próximo curso. É unha actividade lúdica totalmente diferente, que permite fomentar a participación, a integración, o desenvolvemento de habilidades sociais».
- A juicio en Pontevedra por apropiarse de la herencia de 400.000 euros de su hijo de 10 años
- Atascos en la AP-9 en Pontevedra por un accidente bajo el puente de A Barca
- El PP de Pontevedra admite que la tasación de la Xunta por las expropiaciones de San Mauro son 'precios impropios
- La nueva vida de Ana Paz en Nueva Zelanda: entre la hostelería y la creación de contenido
- El histórico edificio Varela de Pontevedra tendrá un uso turístico y contará con 17 apartamentos
- «Gallegos de mierda», «os voy a matar»: los insultos que acabaron en detención durante un control de alcoholemia en Pontevedra
- Tres heridos, uno de ellos excarcelado, en un accidente múltiple en Marín
- Remontada de campeonato