Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Regueifas

Versos doutro universo encheron o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra na gala de entrega de premios do Enreguéifate 2026

Pontevedra converteuse no epicentro da regueifa galega coa gala de entrega de premios do Enreguéifate no Pazo da Cultura

Instantes de la gala.

Instantes de la gala. / FDV

R.P.

Pontevedra

O Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu esta mañá a gala de entrega de premios da novena edición do certame Enreguéifate, o proxecto promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para fomentar os xéneros de improvisación oral en verso en lingua galega.

Máis de setecentas persoas participaron nesta celebración da regueifa conducida polo mestre e regueifeiro Manolo Maseda; o mestre, escritor e regueifeiro Séchu Sende; e as formadoras do Enreguéifate Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, Xairo d'Herbón, Cristian de Burela, O Rabelo e Manuele Pardo. Unha gala accesible en lingua de signos grazas á Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA), á que asistiron unha vintena de centros escolares de toda Galicia que participaron no proxecto nesta última edición, ademáis dunha representación institucional dos concellos impulsores e dos seus Servizos de Normalización Lingüística. A xornada foi amenizada coas actuacións musicais da Orquestra da Regueifa, formada por alumnado do IES do Milladoiro (Ames), o IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela) e o IES Xulián Magariños (Negreira), así como de xmaseda65, artista viveirense pioneiro da nova escena urbana galega.

Os premios do certame Enreguéifate foron entregados da man de Beatriz Martínez, concelleira de Educación do Concello de Ames; Lucía López Sobrado, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa; Maruxa Suárez, concelleira de Cultura e Festas do Concello de Carballo; Demetrio Gómez Xunqueira, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra; Pilar Lueiro, concelleira de Deportes, Festas, Rural e Relacións Veciñais do Concello de Santiago; Carme Pereiro, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo; Laura Gil, técnica do Servizo de Normalización Lingüística de Arzúa e integrante do xurado do certame Enreguéifate; e Conchi Cochón, técnica do Servizo de Normalización Lingüística de Pontevedra e integrante do xurado do Enreguéifate.

Uno de los infantes premiados, durante la gala.

Uno de los infantes premiados, durante la gala. / FDV

Na categoría xeral, entregáronse os galardóns á Regueifa máis brava, ás Regueifeiras do CIOV, con «Saúde e lingua!», do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo; á Regueifa máis aguda, a Arrieiro e Chaminho, con «reguei-FIT-eiros», de Cambre e Malpica; á Regueifa máis diversa, a R5 Aeroliñas Regueifeiras, con «Viaxes improvisadas», da Escola da Regueifa de Carballo; á Regueifa máis reivindicativa, a Reporteiros regueifeiros, coa «Regueifa informativa», de Pontevedra; á Regueifa mellor cantada, a Coros Virxe da Renda e Casa Rosada, con «A vida con humor», de Poio; á Regueifa mellor falada, á Familia V.A., con «Flores e cores», de Santiago de Compostela; á Regueifa máis inclusiva, aos Teiseiros regueifeiros, con «O home contra a máquina», do Centro de Inclusión Fundación de Santa Cruz en Vigo e á Regueifa máis entroideira, a Regueifeirxs do Entroido, coa «Regueifa do Entroido», de Santiago de Compostela.

Na categoría escolar, o premio á Regueifa máis brava foi para Os fervellasverzas, con «A mocidade anda nas verzas», do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo de Carballo; a Regueifa máis aguda para as Astrovacas, con «Misión Onomástica», do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela; a Regueifa máis diversa para os Lopeiros, coa «Regueifa universal», do CEIP Plurilingüe Lope de Vega de Vigo; a Regueifa máis reivindicativa para Pois Disque Cantamos, con «A regueifa é mundial», do IES de Melide; a Regueifa mellor cantada para Regueifando en Dodro, con «Antes ou agora?», do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro; a Regueifa mellor falada para as Regueifeiras da Chá, con «Churras, churras, churras!», do IES Basanta Silva de Vilalba; a Regueifa máis inclusiva para As e os regueifeiros do Quiroga, 4º C, con «Un día con nós», do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela e a Regueifa máis entroideira para Faísca Bergantiñá, con «Duelo de Entroido: Valenza vs. Rececinde», do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.

Tracking Pixel Contents