Reflexión
Relatorios e unha visita á illa de San Simón na «memoria fronte ao odio»
O Concello presentou onte a I Xornada organizada por Mocidade Galega pola Memoria baixo o lema «Memoria fronte ao odio». O programa constará de dúas xornadas os días 19 e 25 de abril. Pablo Abelleira, Uxía Couto, María Xesus Abelleira e Sabela Cendón foron os encargados de representar a este colectivo que coa organización destas primeiras xornadas busca «reflexionar sobre o odio que se espallou de forma previa, durante e despois do golpe de Estado do 36, pero tamén sobre o odio que palpamos hoxe en día na sociedade coa misoxinia, a LGTBIfobia, a xenofobia, o clasismo, e outras formas de odio que vivimos e vemos cada días nas rúas e na política actual, que non son nada novo e veñen de atrás».
A programación botará a anda o domingo 19 de abril cunha xornada que partirá do porto de Meirande cara as Illas de San Simón e San Antón. Luís Bará, profesor e deputado, guiará «un percorrido pola memoria das illas como centros de reclusión e campos de concentración durante a represión».
O sábado 25 de abril, a actividade trasladarase á Casa da Luz de Pontevedra, onde se sucederán diversos relatorios que convidan á reflexión e o debate. Participarán pola mañá Diego Bará Louro (investigador), Carmen Álvarez Rey (neta de represaliado) e Claudia Domínguez (bisneta de Dámaso Carrasco), moderados pola xornalista Laura Fresneda. Pola tarde Alberte Mera (Nós Diario) e Borxa González (Orgullo Galego) debaterán moderados por Chus Gómez Dorrego sobre o papel dos medios de comunicación como canle ou freo ao odio.
O peche das xornadas correrá a cargo da senadora Carme da Silva, a profesora Pilar Allegue e a investigadora Montse Fajardo, que, moderadas por Juan de Sola, analizarán «Institucións e sociedade: as dinámicas do odio onte e hoxe» .
- La playa de Silgar: de las casas marineras a epicentro del turismo
- «Gallegos de mierda», «os voy a matar»: los insultos que acabaron en detención durante un control de alcoholemia en Pontevedra
- El faro de Ons cumple cien años con un homenaje a sus últimos fareros
- De los vídeos de Instagram al timbre de ayuda: así se distingue el nuevo gimnasio de Poio
- Dos años de prisión por agresión sexual a cuatro menores en Pontevedra durante un concierto de la Peregrina 2024
- Marín estrena por fin su gran casa cultural tras décadas de espera
- Los sindicatos acusan a la patronal de intentar frenar la huelga del metal
- Simoneta Gómez-Acebo acompaña al rey emérito en Sanxenxo