Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SCD Raxó

Convocado o Concurso Literario Xaime Illa Couto

Poio

O Concello de Poio e a SCD Raxó, en colaboración co Consello Municipal de Cultura, poñen en marcha unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto nas modalidades de relato curto ou conto e poesía. O prazo rematará o xoves 30 de abril ás 14.00 horas. Cada participante poderá presentar un único traballo por categoría, utilizando a lingua galega e con temática libre. Os menores de 17 anos terán que estar empadroados no concello de Poio ou matriculados nalgún dos seus centros educativos. No caso dos maiores de 18, a participación non terá limitación xeográfica.

A entrega de premios será o 17 de maio, dentro da programación que o Concello de Poio desenvolverá para conmemorar o Día das Letras Galegas.

As bases do concurso establecen seis categorías, divididas en función da idade. As catro primeiras, abarcan desde os 6 aos 15 anos, contará con premios de 90 euros para os gañadores das dúas modalidades, tanto do relato curto como de poesía. Na categoría de 16 a 17 anos, o premio para o autor será de 110 euros nas dúas modalidades, mentres que 18 anos en diante os premios ascenderán a 400 euros para os gañadores tanto en novela curta ou conto como en poesía.

Tracking Pixel Contents