Arte
O Museo incorpora debuxos de Castelao e Carmen Babiano

Debuxo de Castelao. | FDV
A Deputación de Pontevedra acaba de incorporar á colección do Museo de Pontevedra dous debuxos de notable importancia histórica e artística. Trátase de «O día que saímos da nosa patria», un debuxo de Castelao que este asinou poucos días despois da súa chegada a Arxentina, e «Paisaxes pontevedresas e flores», do que é autora Carmen Babiano Méndez-Núñez. Ambos pertencían a unha colección particular e foron mercados por un prezo conxunto de 6.000 euros.
O debuxo realizado por Castelao é, segundo a directora do Museo, Ángeles Tilve, «un moi interesante exemplo da produción do artista no exilio, sendo moi simbólico do mesmo o lema co que titulou esta obra».
O debuxo atópase nun aceptable estado de conservación, aínda que vai requirir unha intervención do equipo de restauración do Museo, debido a que o papel ten algunhas zonas deterioradas nos bordes. Unha vez estea restaurado, incorporarase á exposición permanente nas salas que lle adica no edificio que leva o seu nome.
O segundo debuxo é obra da pontevedresa Carmen Babiano Méndez-Núñez, unha das poucas mulleres en Galicia que no século XIX puido desenvolver unha certa carreira artística. Segundo Ángeles Tilve «é un exemplo moi significativo da súa produción como ilustradora».
Suscríbete para seguir leyendo
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- El Sergas abre el plazo para que parte de la población del área viguesa elija entre ser atendido en el Chuvi o en Povisa
- Muere Carlos López, jefe de Ginecología del Chuvi y descendiente de Ramón y Cajal
- La Xunta abre plazo para que las familias apunten a sus hijos en los campamentos de verano: tiempos, precios y oferta
- Portugal arranca los trabajos del AVE desde Oporto y coloca la «primera estaca»
- Obramat, líder en material de construcción, abre su gran almacén de 6.000 metros en San Cibrao
- «La oscuridad total será de hasta 30 segundos en el Altar do Sol»
- La Xunta declara 1.307 hectáreas para caza libre con cupos de seis zorros y cinco jabalíes