Salón do Libro
Luz Gallego «Nenuca» e Manuel Bragado, dúas vidas entre libros
A homenaxe recoñeceu a traxectoria da libreira e do editor como figuras clave na promoción do libro, da lingua galega e da formación de lectores e lectoras na cidade

Os homenaxeados xunto ao concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez (dereita). | FDV
O Salón do Libro de Pontevedra rendeu homenaxe a Luz Gallego «Nenuca» e a Manuel Bragado por toda unha vida adicada ao libro e á lectura. Nun acto cargado de emoción, ambos reivindicaron o valor da lectura como ferramenta para aprender, comprender o mundo e transmitir valores e emocións. A coordinadora do Salón, Eva Mejuto, foi a encargada de conducir a homenaxe e subliñou a traxectoria profesional e persoal das dúas figuras recoñecidas.

Público asistente á homenaxe. | FDV
A escritora Fina Casalderrey foi a responsable da loanza a Luz Gallego, a quen definiu como «un faro máxico» para boa parte da súa veciñanza. Lembrou a súa traxectoria á fronte da Libraría Seijas xunto a Tito e puxo en valor o seu papel como mediadora lectora. Xa no seu discurso, Luz Gallego agradeceu o recoñecemento e quixo compartilo co seu compañeiro de vida e de proxecto. Defendeu a importancia da literatura infantil e xuvenil de calidade, así como a necesidade de achegar os libros ás crianzas tamén como ferramenta para educar nas emocións e abrir a mirada ao mundo.
A homenaxeada repasou tamén diferentes etapas da súa traxectoria, desde colaboracións periodísticas ata o seu traballo en iniciativas como «Máis Libros» e a súa vinculación co propio Salón. Nun dos momentos máis emotivos, celebrou que a Libraría Seijas continúe aberta tras o seu traspaso a Alba e Jabucho. Coincidindo co Día da Poesía, pechou a súa intervención cunhas verbas de Begoña Caamaño sobre a xustiza, a igualdade e a liberdade.
A loanza a Manuel Bragado correu a cargo de Lois Pérez, que o definiu como un «gran valedor do libro» e destacou o seu compromiso coa cultura, coa lingua e co país. Pola súa banda, Bragado agradeceu a homenaxe e puxo en valor o labor desenvolvido polo Salón do Libro ao longo dos seus 27 anos de historia. No seu discurso fixo unha defensa da lectura como actividade fundamental en todas as etapas da vida e compartiu co público un «Decálogo sobre a lectura», no que reivindicou a súa dimensión educativa, social, creativa e emocional.
O acto rematou coa entrega aos homenaxeados dunha lámina enmarcada realizada polo ilustrador Iván R., nun peche acompañado pola música do grupo V de Maceta. As súas interpretacións puxeron o broche final a unha homenaxe marcada polo recoñecemento a dúas figuras imprescindibles na defensa do libro e da lectura en Galicia.
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo