Salón do Libro 2026
Os Premios Lazarillo abren outra intensa xornada entre libros
A narración oral, a música e as actividades familiares marcan o venres, mentras que hoxe será a homenaxe a Nenuca e Manuel Bragado

Ganadores dos Premios Lazarillo 2025. / Gustavo Santos / Gustavo Santos
Marina Aguirre e Eduardo Flores recibiron onte os Premios Lazarillo 2025 de literatura infantil e xuvenil, entregados no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. A autora burgalesa foi recoñecida pola novela «Sobre cristales rotos» e Flores polo álbum ilustrado «Superburro y Zorroplás», nun acto que volveu situar o certame como punto de encontro da creación literaria para a infancia e a mocidade.
A entrega dos galardóns foi un dos momentos centrais dunha xornada adicada á narración oral, que arrancou pola mañá con «DIVERcontos. Contos pola diversidade», a cargo de Amencer-Aspace, unha visita guiada ao Salón e a proposta «Contando e soando», con Raquel Méndez e OQO Editora. O programa combinou desde primeira hora actividades de animación á lectura con espazos para a música e a participación do público familiar.
Xa pola tarde, o Salón reforzou ese carácter aberto e participativo con iniciativas como o obradoiro «Libra de libros libres», con Ana Seoane, as sesións para bebés de Cabaliño Hop, con Soledad Felloza, e o roteiro «Trala pista de Manuel Quiroga», organizado por Leucoíña Pasea. Tamén houbo sitio para os contos e o teatro de sombras con «Ganapán e Garabato», promovido por Pepa a Loba Editora.
A programación completouse con «A revolución estrafalaria», unha proposta de contos e música de Cris de Caldas e Miguel Froján, así como coa «Escola de lectura para familias curiosas», coordinada por Pavís Pavós e Raquel Méndez. A oferta incluíu ademais un obradoiro de videoxogos.
Na recta final do día, o programa abriu tamén espazo para outras expresións culturais, co concerto «Lembra Xabarín!», un obradoiro de baile tradicional con Montse Rivera e a presentación «Entre letras e notas, arredor de Arte Menor», na Libraría Paz.
De cara a este sábado, unha das citas máis destacadas será a homenaxe a Luz Gallego «Nenuca» e Manuel Bragado, prevista para o mediodía e acompañada pola actuación de «V de Maceta». Coincidindo co inicio da primavera e co Día da Poesía e das Árbores, ese recoñecemento perfílase como un dos momentos máis emotivos e simbólicos da programación.
Suscríbete para seguir leyendo
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Ya en vigor: hasta 3 años de excedencia por cuidado de hijos en Galicia