Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Seguridad vial

A Deputación adxudica os 102 obradoiros de Xuventude en once concellos

Pontevedra

A Deputación deu onte luz verde á concesión dos obradoiros do novo programa provincial Xuventude a Máis que se repartirán entre once concellos da cormarca., que ofertarán á mocidade estas propostas de benestar, creatividade e conexión coa contorna.

Cada un dos concellos organizará entre dous e tres obradoiros dirixidos a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos, que terán lugar entre setembro de 2026 e marzo de 2027. Serán de 20 horas de duración, para grupos de entre 7 e 15 mozos con temsa como a economía de fogar; seguridade básica para a mocidade: primeiros auxilios e defensa persoal; cociña, iniciación á música tradicional galega, edición de vídeo e fotografía ou de merchandising, entre outros.

En concreto, o concello de Poio organizará un total de tres obradoiros diferentes, mentres que Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Moraña, Portas, Sanxenxo e Vilaboa farán o propio con dous actividades.

Tracking Pixel Contents