Marín
O Festival Cine do Mar xa ten xurado
Anxos Fazáns, Nati Juncal Portas e Gaspar Broullón conforman o xurado da terceira edición, prevista do 20 ao 26 abril en Marín
O III Festival Cine do Mar, que se celebrará en Marín do 20 ao 26 de abril, contará cun xurado formado por tres destacados cineastas: Anxos Fazáns, Nati Juncal Portas e Gaspar Broullón, cuxas traxectorias abranguen dirección, guión, produción, montaxe e docencia no ámbito cinematográfico.
Anxos Fazáns desenvolveu unha carreira ligada ao cinema independente galego. A súa primeira longametraxe, ‘A estación violenta’ (2017), percorreu festivais internacionais e obtivo 8 candidaturas nos Mestre Mateo.
A produtora Nati Juncal é cofundadora de Cósmica Producións xunto á directora Sonia Méndez, onde se encarga da produción executiva e dirección de produción dos proxectos. Desde esta produtora impulsou proxectos como: ‘Antes de perder’ (2019), Mestre Mateo á mellor webserie de 2020; ‘A poeta analfabeta’ (2020); ‘O neno sardiña’ (2022); e ‘As Neves’ (2025), que obtivo tres premios Mestre Mateo, entre eles o de Mellor Longametraxe.
Pola súa parte, Gaspar Broullón é realizador, editor e produtor audiovisual, ademais de profesor asociado de Dirección e Realización Audiovisual na USC. Gañador de catro premios Mestre Mateo á mellor montaxe polo seu traballo nas series ‘Hierro e Rapa’ (Movistar+), a súa traxectoria como montador desenvólvese no campo da ficción e o documental. Como realizador dirixiu diferentes programas de televisión, entre os que destaca ‘Deportes Imposibles’, para AMC, que lle valeu o Mestre Mateo á mellor realización. É cofundador da produtora Ollo Vivo xunto aos cineastas Pepe Coira e Jorge Coira.
A organización suliña que «a elección do xurado desta terceira edición pretende visibilizar tanto as mulleres cineastas, coa presenza maioritaria feminina, como o talento local (Anxos Fazáns e Gaspar Broullón son naturais de Marín), aportando, desta maneira, referentes á sociedade en xeral e especialmente ás novas xeracións. Coa presenza destes tres profesionais, o Festival Cine do Mar reforza o seu compromiso cun xurado plural e representativo do talento audiovisual galego, que será o encargado de valorar as obras participantes nesta edición».
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo