Salón Internacional do Libro
Unha cidade que soa a libros
O Salón vivíu onte unha xornada chea de contos, música, obradoiros e propostas para todas as idades, nun recinto ateigado de familias, mentres hoxe seguirá a festa cun programa que engade cinema, lentes violetas e novas actividades arredor de Palestina

Familias e rapazada de todas as idades gozaron da primeira xornada do Salón, na que houbo actividades desde primeira hora. Con Palestina como cultura convidada nesta edición, e a música como eixo central da cita, os obradoiros, contacontos e actuacións tiveron unha importante carga reivindicativa. | GUSTAVO SANTOS
O Salón do Libro de Pontevedra colleu onte velocidade de cruceiro e fíxoo como mellor sabe, convertendo o Pazo da Cultura e o recinto feiral nun ir e vir continuo de crianzas, nais, pais e avoas, entre carreiras pequenas, mochilas ás costas e ollos moi abertos diante de cada proposta. O lema desta edición, «Que non pare a música!», sentiuse desde primeira hora nunha xornada moi animada, desas nas que custa atopar un recuncho sen vida.
A mañá abríu cun pé máis reflexivo, co encontro de mediación lectora «Moito por ler!», organizado pola Fundación Xistral e pensado para público adulto, pero axiña o protagonismo pasou a mans do público miúdo, que encheu o Salón de movemento. Ao longo do día, a instalación artística «Enlázate a Gaza» permaneceu aberta no recinto feiral, sumando unha capa de conciencia e compromiso a unha programación que mestura festa, literatura e mirada social.
Desde media mañá, o programa despregou varios camiños ao mesmo tempo. Houbo contacontos con «Media Cara», un obradoiro de videoxogos con MUVI e a proposta artística «Un lugar posible», de Chené Gómez, no Espazo Palestina. Esa variedade é unha das marcas da casa do Salón, que permite que cada familia poida trazar o seu propio itinerario entre palabra, imaxe, tecnoloxía e creación manual, sempre cunha chea de rapazada entrando e saíndo dun espazo a outro.
Os máis pequenos volveron ter un lugar privilexiado nunha cita que mima especialmente as primeiras idades. A estrea de «O que che contan as toupiñas», con As Toupeiras, levou os bebés e as súas familias á Cova dos Libros Fantásticos, un dos espazos máis agarimosos do recinto. Son sesións nas que o Salón baixa o ritmo sen perder intensidade e nas que o silencio dura pouco, porque axiña chegan as risas, os acenos e ese balbordo doce dos nenos cando algo os atrapa de verdade.

Unha cidade que soa a libros. / Gustavo Santos
Ao mediodía, o Colectivo Xurelo puxo en escena «Desde o río ata o mar. Contos por Palestina», unha sesión de contos, música e ilustración para público familiar. Foi un dos momentos que mellor condensou o espírito desta edición, que escolle Palestina como país convidado e incorpora actividades literarias, musicais e reivindicativas para achegar esa realidade ás crianzas e ás persoas adultas desde a cultura e a empatía.
Xa pola tarde, o Salón multiplicou o seu pulso con novas quendas para bebés, obradoiros de arte, propostas de «paste-up» e sesións de cociña e contos arredor do «mabrooshe». Nese tránsito constante entre unha actividade e a seguinte, o recinto volveu ofrecer a súa estampa máis recoñecible, con colas diante das portas, monitorado guiando grupos, mans pequenas cargadas de creacións acabadas de facer e centos de persoas compartindo unha mesma tarde de lecer cultural.
A música, claro, tivo un papel central. O concerto familiar «Pequechadas musicais», con V de minúscula, e o recital «Cancións pola paz», coas corais e formacións participantes, reforzaron esa idea de que no Salón os libros tamén se escoitan. E para rematar, o programa reservou un peche con forza escénica, «Espectáculo de variedades», de Pista Catro, unha proposta de circo e música chamada a deixar o auditorio cun último aplauso ben alto.

Unha cidade que soa a libros | GUSTAVO SANTOS
Este domingo o Salón volverá abrir cunha xornada sinalada como «Salón con lentes violetas», mantendo ademais durante todo o día a instalación «Enlázate a Gaza». A mañá traerá de novo «Un lugar posible», o obradoiro creativo «Que música é?», o filme «Dunia e o eco do tambor» no Teatro Principal e unha nova estrea para bebés, «Lala e Lolo van ao circo», ademais da sesión familiar «Os contos de Violeta».
Pola tarde, o menú será outra vez amplo e moi atractivo, con cociña e contos arredor da «fateera ou kellaj», a repetición de «Un lugar posible», o obradoiro «Contos enfiados», un roteiro pola Pontevedra lorquiana para público adulto, novas funcións de «Lala e Lolo van ao circo» e a sesión «Contos con (en)cantos», tamén a cargo de As Toupeiras. Haberá, en resumo, motivos de sobra para repetir visita ou para estrearse no Salón.
A xornada pecharase con outro prato forte, «Concerto de imposibles», un espectáculo de maxia e música presentado por O Mago Paco. Será a guinda para un domingo que promete seguir enchendo Pontevedra de familias, libros, melodías e moita curiosidade. Porque se algo demostra cada ano o Salón do Libro é que cando a literatura se mestura co xogo –e coa música–, a cidade enteira acaba entrando no conto.

Unha cidade que soa a libros | GUSTAVO SANTOS
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo