Cultura
Orbil visita a redacción de FARO en Pontevedra
A mascota do Salón do Libro anuncia a apertura da cita coa lectura, «Que non pare a música!», que comeza este venres no Pazo da Cultura

Orbil le un exemplar de FARO na delegación de Pontevedra / Gustavo Santos
O equipo da redacción de FARO en Pontevedra recibiu este xoves unha visita moi especial: a do lobo Orbil («libro» lido en sentido inverso), que veu para anunciar o inicio mañá venres do XXVII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. A cita coa lectura, que leva por título este ano «Que non pare a música!», celebrarase ata o vindeiro 22 de marzo no Pazo da Cultura e ten como país convidado a Palestina.
Píscore e o Coro do IES A Xunqueira 1 ofrecerán un concerto que abrirá o Salón do Libro mañá ás 18.30 horas no auditorio do Pazo da Cultura, con acceso libre ata completar cabida. Tras a actuación abriranse as portas para unha visita libre ao público en xeral.
O evento contará con máis de 300 actividades para escolares, bebés, público familiar e adulto, entre as que haberá 19 estreas, 15 exposicións e 7 espectáculos exclusivos. A música para ler, para escoitar, para bailar e para a tocar será a protagonista xunto á cultura palestina, que se dará a coñecer a través da súa literatura, música e gastronomía.
O programa completo pódese consultar www.salondolibro.gal.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- El Concello de Moaña contrata, por primera vez, un técnico para acelerar las tramitaciones en todos los departamentos
- Un desahucio sin inquilinos en Vigo que se prolongó año y medio: «Se fueron, dejaron de pagar el alquiler pero no pudimos entrar hasta ahora»