Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mulleres artistas

Marín inaugura mañá mércores a exposición ‘Voilà la femme’ do Ateneo

Marín

O Concello de Marín convida a toda a cidadanía á inauguración da trixésimo terceira edición da emblemática exposición ‘Voilà la femme’, que será maña mércores ás 19:30 horas. Como gran novidade deste ano, o acto de apertura será de carácter dual: comezará na sede do Ateneo Santa Cecilia e trasladarase de seguido ao Museo Municipal Manuel Torres.

Nacida no ano 1992 no Ateneo Santa Cecilia para conmemorar o Día da Muller Traballadora, ‘Voilà la femme’ consolidouse como a exposición de mulleres artistas con maior traxectoria de toda Europa. O proxecto, que foi bautizado por Yolanda Herranz en referencia á obra de Francis Picabia, chega á súa edición número 33 baixo o comisariado de Celeste Garrido Meira e a coordinación de Abril Iglesias Garrido.

A principal innovación desta edición é a estreita colaboración co Museo Manuel Torres, o que fi xo posible acoller a un total de 17 artistas, superando as cinco participantes do ano anterior. A mostra continúa coa súa misión de dar visibilidade a mulleres artistas, maioritariamente recén graduadas e vinculadas a Galicia, que acceden a través dunha convocatoria pública moi atendida polo alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

As creadoras que participan nesta XXXIII edición son: Jimena Arenas Costas, Susana Beatriz de Castro Teixeira, Rolina Ferru, Mencía González Fana, Sara González González, Martina Migliarini da Costa, Carlota Montes López, Laura Paz Iglesias, Xoana Penas Portabales, María Paulina Petz García, Alejandra Pardo Martínez, Alba Pino Gregores e Taro, Mariña Rey Noya, Ise Rodríguez, Aldara Rodríguez Pena e Yanina Angela Sgro.

A exposición poderá visitarse ata o 27 de marzo nos seguintes horarios: Museo Manuel Torres: De martes a venres (11.00-14:00 e 18.00-21.00 horas) e sábados e domingos (11.00-1400). e no Ateneo Santa Cecilia de luns a venres de 18.00 a20.30 horas.

Tracking Pixel Contents