Vivendas
Cinco ofertas optan a redactar o plan de solo residencial en Raposeiras
A Xunta recibiu cinco ofertas para a redacción do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) co que se desenvolverá solo en Marín para 400 vivendas, licitado por 244.012 euros. Concretamente, desenvolverase o ámbito de actuación identificado no planeamento xeral como solo urbanizable delimitado R-2 Raposeiras, cunha superficie de 70.284 metros cadrados. Das 400 vivendas que se poderán construír, un 80% serán protexidas.
Este proxecto enmárcase na Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta, co obxectivo de desenvolver solo no que facilitar a construción de 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres.
Están aprobados inicialmente os Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver tres ámbitos en Lugo, Vigo (Lavadores) e Arteixo, e en tramitación, ademais do de Marín, outros ámbitos en Pontevedra, Vigo, Ourense, A Coruña, O Porriño, Santiago de Compostela, Vilagarcía, e Ribadeo.
A Consellería de Vivenda indica que traballla «no obxectivo marcado polo Goberno galego nesta lexislatura, de pasar das 4.000 ás 8.000 vivendas de promoción pública, tendo xa en marcha, en distintas fases de desenvolvemento, preto de 3.000 vivendas públicas».
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- El mayor parque urbano de Pontevedra se estrenará a finales de 2026
- Un coche colisiona con un tractor en Cuntis y acaba golpeando a una mujer en la acera
- Empieza el despliegue de los contenedores grises en Pontevedra con un llamamiento al reciclaje
- El pleno de la Diputación de Pontevedra solicita la dimisión de Óscar Puente por su «castigo» a la provincia
- Pontevedra adjudica por 3,1 millones el vial de Mollavao y la humanización de Rosalía de Castro
- Otra oportunidad para dos frailecillos