Día Internacional da Muller
8-M: homenaxe ás «mulleres que fan Poio» e accións nos centros de ensino
O recoñecemento á traxectoria de Carmen Pazos, Carmen Soto, Susa Vicente, Rosalina Gómez e Magdalena Rosales será o día 6
O Concello de Poio presenta a programación coa que conmemorará o Día Internacional da Muller, unha proposta que comezará o venres 6 de marzo coa homenaxe «Mulleres que fan Poio», un acto moi emotivo no que se recoñecerá a traxectoria e o compromiso de cinco veciñas do municipio. O alcalde, Ángel Moldes, subliña que no municipio «hai moitas mulleres que son exemplo de forza, de empuxe e de constancia», polo que considera importante poñer en valor as súas historias de vida. «Serven para recoñecer os avances conseguidos, pero tamén para lembrar que é fundamental seguir traballando, coa implicación de toda a sociedade, por unha igualdade real, inclusiva e efectiva», destaca. As protagonistas deste ano son Carmen Pazos García (San Salvador), Carmen Soto Buceta (San Xoán), Susa Vicente Pérez (Combarro), Rosalina Gómez Pereira (Samieira) e Magdalena Rosales Pazos (Raxó). Cada unha representa unha das parroquias do municipio e foi escollida como exemplo da contribución das mulleres á vida social, laboral e comunitaria de Poio. Serán as protagonistas dun documental que xa se está gravando estes días, da man do xornalista Quique Morales, e que recollerá algunhas das súas vivenzas, opinións e lembranzas.
A xornada do 6 de marzo completarase ás 12.00 horas cun parón institucional diante da Casa do Concello, no que se dará lectura ao manifesto institucional do 8M, no que se reivindica a igualdade como unha cuestión de democracia, dereitos humanos e xustiza social.
A programación inclúe tamén iniciativas dirixidas ao alumnado. Todos os centros de educación primaria do municipio recibirán a visita do contacontos musicado de Quique Mauricio, unha proposta didáctica e participativa que combina narración oral e música en directo. A través destas sesións, o alumnado poderá coñecer as historias de vida das cinco mulleres homenaxeadas este ano polo 8-M, achegándose ás súas experiencias de superación, traballo e compromiso coa comunidade. Visitarán os colexios de Isidora Riestra e Viñas o luns día 9; Lourido e Chancelas o mércores 11 e, por último, Espedregada o luns 16. A actividade busca poñer en valor referentes femininos próximos, facilitando que os nenos e nenas identifiquen na súa contorna exemplos reais de igualdade, esforzo e participación social. Ademais, no IES de Poio estase a desenvolver ao longo do curso o obradoiro «(Des)armando masculinidades, (Re)construíndo feminidades».
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Lujo inmobiliario en el centro
- Pontevedra adjudica por 3,1 millones el vial de Mollavao y la humanización de Rosalía de Castro
- Os Palleiráns: «Queremos ser los Rolling Stones gallegos»
- Detenido un pontevedrés por apalear a su pareja porque le escondió la consola de videojuegos
- Rueda y Ramallo revisan planes por cerca de 8 millones de euros
- Malestar vecinal en el barrio pontevedrés de Santa María por la vuelta del trapicheo