Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Follas novas» e xente nova unidas por Rosalía de Castro

Pontevedra rende homenaxe á escritora galega máis universal no día do seu nacemento

O presidente provincial, Luis López, dialoga cos máis pequenos.

O presidente provincial, Luis López, dialoga cos máis pequenos.

Miguel Salgado Reboreda

Miguel Salgado Reboreda

Pontevedra

As vindeiras xeracións de médicos, xuíces, farmacéuticos ou xornalistas do CEIP Carballeira de Lourizán experimentaron de primera man o poder dos poemas de Rosalía de Castro. No día no que conmemorábase o 189.º aniversario do seu nacemento, a lírica da compostelá tomou o Pazo Provincial nunha mañá marcada polo intimismo, a ilusión infantil e a homenaxe a unha das autoras máis importantes da literatura galega.

Os cativos declamaron uns poemas da compostelá na Deputación de Pontevedra.

Os cativos declamaron uns poemas da compostelá na Deputación de Pontevedra.

No salón de plenos reuníronse sobre cincuenta do colexio da Carballeira de Lourizán para celebrar o Día de Rosalía de Castro. O presidente, Luis López, foi o encargado de darlle a benvida e explicar os obxectivos do certame Canta Rosalía. A continuación proxectouse o vídeo co traballo presentado ao certame na pasada edición e despois foi o alumnado, once nenos e nenas en total, o que subiu ao escenario para recitar poemas de Rosalía de Castro, no que tamén participou o deputado de Cultura, Jorge Cubela, e o director do centro, Miguel Roibás. A conmemoración concluiu coa representación da función teatral «Brincadeiras fa lingua» de Migallas Teatro.

Lectura de textos na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra.

Lectura de textos na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra.

Non foi o único lugar da cidade onde se rendiu culto a súa figura. Xa en horario de tarde, na Fundación Manuel Moldes, fíxose unha lectura colectiva de dúas das obras máis importantes da lírica en lingua galega: «Cantares Gallegos» e «Follas Novas». Participou ata o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, tamén se animou a ler onte.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, tamén se animou a ler onte.

Anacos de historia das letras galegas coma «Has de cantar», «Cando penso que te fuches (Negra sombra)», «Campanas de Bastabales», «Unha vez tiven un cravo», «Adios, ríos; adios, fontes», «A xusticia pó-l-a man», «Airiños, airiños aires», «Cada noite eu chorando pensaba», «Castellana de Castilla» ou «Ladraban contra min que camiñaba» son só algunhas das pezas que conforman esas obras capitais que foron lidas onte.

A biblioteca pública ofrece unha exposición sobre Rosalía de Castro.

A biblioteca pública ofrece unha exposición sobre Rosalía de Castro.

Así mesmo, na Biblioteca Pública Antonio Odriozola vén de abrirse a exposición «As románticas: das irmás Brontë a Rosalía de Castro», un percorrido polo imaxinario e a escrita das autoras do século XIX. A mostra reúne paneis divulgativos e selección bibliográfica para achegar ao público a súa pegada literaria e social, e poderá visitarse ata o vindeiro 6 de marzo. Ademais, na propia biblioteca, e só ata o 28 de febreiro, habilitouse unha sala infantil con pequenas vitrinas e recomendacións de lectura que amosan diferentes edicións e libros de Rosalía de Castro para que nenas e nenos descubran a autora en familia

Dende a Vicerreitoría do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo tamén conmemoraron a efeméride. Cun acto entrada a media tarde, ofrecieron unha conferencia co profesor, escritor e político Francisco Rodríguez Sánchez titulada «A vixencia do mundo poético rosalino».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents