Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mourente

O Tío Braulio bota o peche

O restaurante O Tío Braulio pechará as súas portas a vindeira semana despois de 27 anos de actividade en Mourente. O seu propietario, Jaime González Somoza, xubílase de maneira anticipada e obrigada por motivos de saúde.

Laura Edith e Jaime González Somoza. | FDV

Laura Edith e Jaime González Somoza. | FDV

Pontevedra

Jaime non ten fillos e a falta de relevo xeracional levou a tomar unha decisión que xa viña sendo meditada hai tempo. Quedan atrás aqueles anos nos que Braulio González e María Esther Somoza, seus país, emigrantes retornados da Arxentina, regresaban a Galicia e, tras rexentar o Bar da Cultural de Mourente e o Bar Avenida, hoxe Salgadoiro, construían a súa propia casa en Mourente e abrían no baixo, en 1999, O Tío Braulio.

Sendo aínda moi novo, Jaime que daquela traballaba noutro sector alleo á hostalaría fíxose cargo do restaurante debido á enfermidade da súa nai e posteriormente do seu pai, ambos xa falecidos. Lembra aquela etapa como un auténtico período de aprendizaxe. Cando o seu pai, Braulio, enfermou, trouxeron a Laura Edith, tamen arxentina, como coidadora pola súa formación. Pero pouco a pouco, ‘Laurita’ foi incorporándose á súa verdadeira paixón, a cociña, e acabou sendo contratada como cociñeira, tras exercer primeiro como coidadora ata o falecemento de Braulio. Segundo Jaime, «Laurita foi a alma deste negocio, polo seu carácter sempre alegre, o seu saber estar e o seu traballo constante e discreto».

Manter un negocio cun menú de 11 euros resulta, segundo explica Jaime, totalmente inviable na actualidade, aínda que servía de reclamo para as fins de semana, cando se traballaba á carta. O peche do Tío Braulio enmárcase tamén nun contexto complicado para o comercio local, con varios negocios da contorna que baixaron a reixa nos últimos meses.

Tracking Pixel Contents