Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rede viaria

O BNG insta ao Concello de Marín a mellorar as estradas

Marín

O BNG alertou no pleno do xoves da situación do estado dos viais en Marín e denunciou o «deterioro xeneralizado» en numerosas rúas e estradas do concello. Segundo advertiu a Voceira do BNG, Lucía Santos, «son múltiples as vías en mal estado, independentemente da súa titularidade, estatal, autonómica, provincial ou municipal» polo que considera que o goberno local «non pode mirar para outro lado ante unha situación que afecta á seguridade viaria e ao día a día da veciñanza»

Santos, puxo como exemplo rúas recentemente asfaltadas como Concepción Arenal, a avenida de Ourense ou a rúa do Forte, «onde xa se detectan fochancas e deformacións». A formación cualifica de «inaceptabl que investimentos públicos recentes presenten deficiencias de maneira case inmediata e reclama revisar tanto a execución das obras como os controis realizados». Santos tamén se referiu á situación doutras vías nas que se están a executar obras, como a rúa do Forte, unha das principais saídas de Marín, «que presenta numerosas fochancas», ou a rúa Jaime Janer.

Tracking Pixel Contents