Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultra tradicional

O campus local forma en música e baile a máis dun centro de persoas

Son iniciativas abertas ao conxunto da cidadanía

Pontevedra

Máis de 80 persoas fórmanse no presente curso nas aulas de música e baile tradicional do campus, que inician nestas semanas o bloque de actividades correspondentes ao segundo cuatrimestre. Abertas ao conxunto da cidadanía, trátase de dúas actividades de carácter formativo que se combinan na programación cultural da Vicerreitoría do campus con agrupacións máis orientadas á preparación dun repertorio. Ese é o caso dos grupos de música tradicional e baile, que reúnen ambos preto dunha decena de integrantes, e do coro polifónico do campus, que conta con preto de 25 membros, así como do grupo de teatro, que iniciaba nas últimas semanas a súa actividade con 14 compoñentes.

En conxunto, o baile e a música tradicional e coral reúnen no campus máis dun centenar de persoas. Coas súas 40 prazas cubertas, a aula permanente de música tradicional iniciaba esta semana a súa programación. Esta formación nútrese á súa vez en boa medida dos participantes no obradoiro ‘Como bailar nun serán’, que conta novamente con 40 prazas. Coordinada tamén por Rivera, esta aula mantén aberta nestas semanas a súa matrícula para o segundo cuatrimestre.

Tracking Pixel Contents