Moito por ler!
Unha rede social para o libro galego
A xornada Moito por ler! será o vindeiro 8 de marzo unha cita clave no marco do Salón do Libro para reactivar a prescrición lectora e lanzar unha rede social propia para o libro galego
S. R.
O Salón do Libro e a Fundación Xistral unen forzas para combater un dato preocupante: só o 8% dos libros vendidos en Galicia son en galego. Para revertelo, o vindeiro 7 de marzo o Pazo da Cultura acollerá a xornada de mediación lectora «Moito por ler!», onde se presentará oficialmente a plataforma web m8porler.gal. Esta nova rede social interactiva nace para conectar a autores, editoras e lectores, buscando tecer unha comunidade forte que impulse a literatura do país fronte á actual «atonía institucional», visibilizando e dignificando o libro galego, lembrou onte o concelleiro Demetrio Gómez na presentación do evento, no que estivo acompañado de Cristina Juancal e Carlos Blanco, de Xistal.
A cita, que require inscrición previa, estruturarase en tres mesas de debate que mesturan a tradición e a vangarda dixital: dende as experiencias consolidadas dos clubs de lectura e as bibliotecas escolares, ata a irrupción dos novos «booktokers». O editor Manuel Bragado e unha regueifa de O Rabelo pecharán un evento deseñado para converter a Pontevedra no epicentro do activismo cultural e a prescrición lectora.
- El párking del hospital único se retrasa: el Sergas decide impulsar antes la cafetería
- Investigan una agresión de un grupo de menores a una adolescente de 13 años en Pontevedra grabada en vídeo
- Se inician las obras del centro termal tras más de una década de tramites
- Crisis viajera: «No veíamos tantas cancelaciones desde la pandemia»
- Lujo inmobiliario en el centro
- La fermentación como forma de vida
- La Armada compra por 1,5 millones dos barcos auxiliares para la Escuela Naval
- El Arenas Club - Pontevedra CF suspendido por la inundación del terreno de juego