Deporte
Seixo acollerá a Carreira do Truco
A proba arrancará o domingo día 8 desde a Alameda ás 10.00 horas
Seixo volverá poñerse as zapatillas de deporte. A XV edición da Carreira de Truco 2026 foi presentada polos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, xunto co representante da asociación Acemas, Manuel Solla, quenes destacaron o carácter deportivo, solidario e participativo desta cita xa consolidada no calendario local.
A proba arrancará o domingo día 8 desde a Alameda de Seixo a partir das 10.00 horas, momento no que darán comezo as carreiras dos máis pequenos, organizadas por idades. Ás 10.30 horas terá lugar unha andaina popular, aberta a todos os públicos, cun percorrido pola praia de Loira e o monte Subareiro. Ás 10.45 horas disputarase a carreira de maiores, cun trazado de 8,3 quilómetros que partirá do cruce de Aguete, pasará por Portocelo e regresará á Alameda.
Todos os participantes recibirán medallas e haberá premios, así como un sorteo de agasallos. n
- Investigan una agresión de un grupo de menores a una adolescente de 13 años en Pontevedra grabada en vídeo
- Se inician las obras del centro termal tras más de una década de tramites
- Crisis viajera: «No veíamos tantas cancelaciones desde la pandemia»
- Lujo inmobiliario en el centro
- El Arenas Club - Pontevedra CF suspendido por la inundación del terreno de juego
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Pontevedra resuelve su nueva etapa de reforma de calles por 3,8 millones
- Detenido un pontevedrés por apalear a su pareja porque le escondió la consola de videojuegos