Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ponteatro regresa ao Principal con catro propostas en galego

O ciclo será entre o 26 de febreiro e o 26 de marzo

REDACCIÓN

Pontevedra

O concelleiro Demetrio Gómez presentou onte una nova tempada do ciclo Ponteatro que contará con catro espectáculos ente o 26 de febreiro e o 26 de marzo, os xoves ás 21.00 horas no Principal. Os abonos a un prezo de 20 euros e as entradas de catro a oito euros están xa á venda en Ataquilla.com.

Antes de falar do programa o edil destacou o cartel deseñando por Ovo Publicidade e inspirado coma sempre desde hai uns anos, nunha obra de pintura clásica. (’Figura alada’ de Abboult Handerson Thayer -1889. Colección Art Institute Chicago). «Nesta tempada de inverno contaremos con catro obras que cada vez é máis complicado escoller. Non porque non haxa pezas porque as hai e o teatro galego é fértil, senón por colmar as expectativas do público que o ano pasado esgotou as entradas para todas as función e todas as obras triunfaron, polo que as expectativas son moi altas. Desta volta ao programar centrámonos en emocionar, provocar sensacións, convidar á reflexión. Farémolo con temáticas como a guerra, a beleza, a perda, os naufraxios da Costa da Morte e o humor». O xoves 26 de febreiro chegará Guerra de Teatro do Noroeste, e o 5 de marzo será Tromsø de Morraoconto. O 12 de marzo represéntase Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, de CDG y Mariña Lestón. O ciclo finaliza o 26 de marzo con Mofa e Befa: os dous de sempre,de Producións Teatrais Excéntricas.

Tracking Pixel Contents