Marín convoca o seu segundo Certame de Fotografía do Mar
REDACCIÓN
O Museo do Mar de Marín acolleu onte a presentación oficial das bases do II Certame de Fotografía do Mar, unha iniciativa cultural que pon en valor o mar como elemento esencial da identidade marinense, tanto desde unha perspectiva natural como social e patrimonial, e que é unha das actividades paralelas do Festival Cine do Mar, organizado polo Museo do Mar.
No acto participaron a concelleira Marián Sanmartín; Lukas Santiago, director do festival, así como representantes do propio museo. Tamén estivo presente o fotógrafo marinense Alexandre Entenza, autor da fotografía que ilustra o cartel deste ano e que representa a un paíño.
O prazo de presentación das obras está aberto do 1 de febreiro ao 31 de marzo de 2026, e as fotografías deberán enviarse por correo electrónico seguindo as condicións técnicas e administrativas recollidas nas bases, fomentando máis a orientación vertical. Isto explícase porque a fotografía gañadora ilustrará o cartel do festival do ano que vén.
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Se inician las obras del centro termal tras más de una década de tramites
- Lujo inmobiliario en el centro
- Detenido un pontevedrés por apalear a su pareja porque le escondió la consola de videojuegos
- Os Palleiráns: «Queremos ser los Rolling Stones gallegos»
- La nueva base de Portas refuerza la red del distrito forestal Caldas -O Salnés
- Malestar vecinal en el barrio pontevedrés de Santa María por la vuelta del trapicheo