Na honra do fillo ilustre da Boa Vila: Castelao
O IES Valle-Inclán de Pontevedra celebrou unha xornada centrada nunha das figuras máis importantes da historia recente de Galicia: o político, artista e médico Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

A representación da entrevista a Castelao, no centro, realizada por tres alumnos. / RAFA VAZQUEZ
Poucas son as figuras públicas que teñen deixado unha pegada tan fonda na historia de Galicia como o fixo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. No 75 cabodano do seu pasamento, proclamado Ano Castelao, foron moitas as actividades que se realizaron en toda a comunidade autónoma e mesmo no exterior dela.
Onte o IES Valle-Inclán de Pontevedra tamén quixo visibilizar o traballo feito polo alumnado no que vai deste curso lectivo e organizou un programa especial composto por exposicións, representacións dramáticas e outras actividades arredor dun dos pais do nacionalismo galego.

Unha alumna realiza un dos exercicios sobre o artista. | R.V.
A axenda sobre Castelao abriuse coa inauguración de sete mostras nos corredores da planta baixa e o primeiro andar do histórico instituto. Nestas pequenas exposicións amósanse os traballos realizados sobre os alumnos dende o pasado mes de setembro segundo os seus respectivos departamentos e materias.
Así, «Bloc de debuxo viaxeiro» expón as aportacións de alumnos de Debuxo, mestre que «Estampas da infancia», dos do Departamento de Xeografía e Historia.
«Castelao noutras linguas» foi o traballo do estudantado de diferentes idiomas no instituto e «Castelao universal», do de Inglés e alemán, mentres que a exposición do libro «Cousas de noso» correu a cargo do de Lingua Galega.
Como era de esperar, «Castelao e a Coral Polifónica de Pontevedra» é o resultado dos rapaces do Departamento de Música e a análise crítica dos gravados e estampas do artista foi realizada polos do Departamento de Antropolixía.

Presentación dunha das exposicións no instituto. | R.V.
Teatro para aprender
As representacións teatrais lograron achegar a figura do galeguista dun xeito didáctico e entretido ao alumnado. Foron catro e todas realizadas polos estudantes tanto na biblioteca do centro educativo como nas aulas.
As dramatizacións foron de «Castelao nas aulas», «A marquesiña», «O negro Panchito» e unha Entrevista a Castelao.
Esta última foi especialmente interesante, xa que dous alumnos preguntaron a outro, que interpretaba ao político e artista, sobre diferentes cuestións arredor da súa vida. Fíxose un completo repaso de diferentes etapas, como o seu nacemento en Rianxo e a emigración, cando era un neno, á Arxentina, onde xa estaba seu pai. Ese país volvería a acollelo xa de adulto durante o seu exilio alén do mar polo comezo da guerra de 1936 e a ditadura franquista, que lle impedíu regresar á súa amada Galicia. Esta etapa o marcaría profundamente, tal e como recoñece nesta entrevista estudiantil ao ser preguntado que faceta da súa vida elixiría de todas, respondendo el que «a de político». «Sempre me puxen ao servizo do país e da liberdade», afirma o Castelao ficcionado.
O seu paso por Pontevedra tamén supuxo un antes e un despois na súa existencia, porque na Boa Vila vivíu momentos importantes como a morte do seu único fillo con Virxinia Pereira, Alfonsiño, cando só era un neno.
Castelao estivo vinte anos en Pontevedra, como funcionario do Estado e cunha praza de mestre auxiliar no IES Valle-Inclán, convertíndose en fillo adoptivo dunha cidade queconsideraba «a máis bonita do mundo» e que admiraba dende o alto do monte en Salcedo sempre que tiña ocasión.
Suscríbete para seguir leyendo
- Requisan en Sanxenxo más de 4.000 bebidas energéticas declaradas «inseguras»
- La Policía Local de Pontevedra captura a un menor que agredió a su madre con un cuchillo y robó la tarjeta de crédito a su abuela
- El vuelco de un camión cargado de gas corta la AP-9 en Portas más de 6 horas
- «La cena» calienta motores para los Premios Feroz
- El próximo verano, horizonte para abrir el parque comercial de O Vao
- La finca de Malvar se suma a los planes municipales de suelo público en Mollavao
- Marín diseña rutas BTT para el fomento del cicloturismo
- Premio a los hitos de los vecinos de la amada Cidade de Pontevedra