Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Luisa González, nova centenaria en Cuntis

Luis, co ramo.

Luis, co ramo. / FDV

O Concello de Cuntis felicitou onte á veciña María Luisa Carmen González Fernández no seu 100 aniversario. Reside no lugar de Sebil e recibiu a visita do alcalde, Manuel Campos, e da concelleira de Servizos Sociais, Ana Loureiro, que entregaron un ramo de flores como mostra de agarimo e recoñecemento pola súa longa vida. María Luisa recibiu o agasallo rodeada dos seus fillos e netos.

Tracking Pixel Contents