Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Miles de visitantes achéganse ao Culturgal nunha exitosa edición

O balance desta feira de actividades culturais que remata hoxe é «moi satisfactorio»

Actuación de pandereteiras, onte no Culturgal.

Actuación de pandereteiras, onte no Culturgal. / FdV

Pontevedra

Esta nova edición do Culturgal está sendo, un ano máis, todo un éxito. Miles de persoas visitaron onte o Pazo da Cultura no seu tercer día, un dos que máis público rexistra, para participar nas diferentes actividades que ofrece este escaparate da cultura galega.

Intervención musical. |  FdV

Intervención musical. | FdV

Tal e como sinalan dende a organización, «entre as 11.00 e as 14.30 horas, unhas 2.000 persoas» aisistiron ao Culturgal «e moitas delas quedaron a comer á espera do programa da tarde», que abarca un adianto da nova obra de Chévere, varios espectáculos dirixidos aos máis pequenos, o fin de festa dos clubs de lectura, a conversa con Suso de Toro ou a obra ‘Moito Conto’, onde Touriñán estará acompañado de outros humoristas como David Amor.

Observando unha mostra. |  FdV

Observando unha mostra. | FdV

Ata o momento, Camilo Franco, o director de Culturgal, fai un balance «moi satisfactorio no ecuador de Culturgal», argumentando que «a xente está respondendo á oferta» presentada.

Pola súa banda, hoxe é outro dos días nos que máis afluencia de visitantes se espera ter. Coma sempre, haberá actividades de tódolos tipos. A proxección da versión orixinal do documental ‘Rapa, xente ao monte’, ás 11 horas, é o evento que abre esta xornada. Emitirase na sala de cine, do mesmo xeito que ‘Romería’, a película de Carla Simón que obstenta seis nominacións aos Premios Feroz 2026 e que foi rodada en diferentes localizacións das Rías Baixas.

Ás 12.00 horas é cando a oferta é máis ampla, dende conferencias como conversas coas gañadoras dos Premios Raíña Lupa e Castelao LIX ata espectáculos variados. Non obstante, a cultura continúa pola tarde, nesta xornada na que o aburrimento non ten cabida.

Un apoio á cultura

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, detallou na súa visita a Cultugal que a súa formación presentou, dentro das emendas aos orzamentos de 2026, un plan dotado con 15 millóns de euros para «ampliar» o apoio á cultura galega despois de que, ao seu xuízo, o PP «asfixiara» a unha «parte» deste tecido. «Apoiar á cultura é apoiar o desenvolvemento económico de Galicia», apuntou Pontón.

Deste xeito, os nacionalistas incluíron nas súas emendas dúas partidas: o plan ‘Cultura Avanza’, con cinco millóns para impulsar aos sectores culturais, e un plan de «internacionalización» coa creación do Instituto Rosalía de Castro, dotado con dez millóns de euros. O propósito, segundo destacou, é «reforzar» o apoio a unha cultura que, ademais de ser un «ben social» é un «dereito da cidadanía». Ademais, destacou o papel «imprescindible» de Culturgal para evidenciar o «potencial» da creatividade en distintas disciplinas culturais de Galicia, que califica como «propio, creativo e vivo».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents