Uxía Senlle abrirá o Culturgal para celebrar os seus 40 anos na música
Presentará o xoves a súa xira ‘Será por flores’ nunha actuación de balde po Pazo da Cultura

Camilo Franco, Uxía Senlle y Demetrio Gómez, ayer. | R. Vázquez
REDACCIÓN
O Concello de Pontevedra e o Culturgal presentaron onte o concerto inaugural do xoves, ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura a cargo da artista Uxía Senlle, que abrirá o evento coa súa xira ‘Será por flores’. Será de balde até completar cabida. O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, destacou que este concerto é «realmente especial porque será único nesta xira e porque vai a ter convidadas que farán que sexa un concerto único». Pola súa banda, o responsable do Culturgal, Camilo Franco, quixo expresar o seu agradecemento tanto a Uxía «por querer estar no Culturgal» como ao Concello. Franco subliñou que é un «agasallo do Concello para Culturgal», o que lles permite empezar este ano «ao grande». Engadiu que a colaboración permite «sumar a Uxía á programación extensa de Culturgal e demostrar que o Culturgal tamén está pola música».
A propia artista, Uxía Senlle, reiterou o seu agradecemento «ao Concello de Pontevedra e ao Culturgal por facer posible que presente Será por flores aquí, en Pontevedra». Cualificou a Pontevedra como «unha boa vila» que sempre a acolleu «marabillosamente», lembrando as súas experiencias como Cantos na Maré.
A celebración tamén serve para conmemorar os seus 40 anos de carreira. A xira ‘Será por flores’ pretende ser «un percorrido por aquelas cancións máis emblemáticas» do seu repertorio. Estará «en boa compañía», xa que o concerto contará con convidadas moi especiais e unha banda dirixida por Pablo Noboa. Entre os convidados especiais que farán deste un concerto único están: De Vacas, Antía Muíño, Joao Afonso, as Mosas eRaquel Domínguez.
Uxía concluíu que ‘Será por flores’ nace «coa vontade de celebrar e de compartir». A festa quere ser unha benvida e unha «declaración de intencións» de que o Culturgal é «un espazo onde nos xuntamos para vivir a cultura, para compartila e para reivindicar o seu papel fundamental na nosa sociedade».
- Gloria Cubas, de Os Palleiros: «Los animales me salvaron a mí primero»
- La futura zona verde de 8.000 m2 en José Malvar se dedicará a la camelia
- Mercedes Pintos, Autónoma Distinguida de 2025: «La de la tienda es una vida bonita, porque creas barrio»
- Arranca el Año Jubilar de Sor Lucía
- La gastronomía de las Rías Baixas, sobre ruedas
- Las obras en la PO-308 superan la «prueba de estrés» y apenas afectan al tráfico en la ciudad
- El mercado inmobiliario, sin freno: comprar un piso en Pontevedra cuesta 20.000 euros más que hace un año
- Portos no logra contratar la mejora de las casetas de marineros en Combarro