A banda deseñada da caza
A Federación Galega de Caza edita «Se non existira, habería que inventala»

Acto de onte. | FdV
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, encabezou onte a presentación da publlcación dunha obra de banda deseñada da Federación Galega de Caza titulada «Se non existira, habería que inventala» coa que buscan dar a coñecer a novos públicos a «utilidade desta actividade e os seus beneficios para natureza». Esta iniciativa novidosa conta coa colaboración do organismo provincial para a impresión e difusión da publicación. «Nun só acto, recollemos tres das nosas bandeiras: impulso aos colectivos, protección ao territorio e apoio ao deporte, á cultura e á lingua», dixo o presidente provincial. A obra xira arredor da caza, «a súa coexistencia con outros usos do monte e o coidado do medio ambiente e a sustentabilidade, así como a súa función imprescindible para a prevención de accidentes de tráfico relacionada coa fauna silvestre». Debuxada pola ilustradora Irma, narra de xeito didáctico dúas historias en paralelo dun grupo de cazadores e dous ciclistas .
- El secuestro de un niño denunciado en Pontevedra fue toda una invención, ¿pero de quién?
- Muere atropellado un vecino de Vilaboa cuando iba a una fuente
- Rueda cree que el «modelo Sanxenxo» hace que Galicia esté «de moda»
- «En nuestra profesión ves cosas tremendas, pero es muy gratificante»
- Una experiencia dulce al completo
- Poio rinde tributo al amor más incondicional
- Un hombre entra armado en la Comisaría de Pontevedra
- Segunda mano para compensar el consumismo voraz