«Cuntis en Cores de Outono»
Un concurso fotográfico promove o patrimonio natural e paisaxístico do municipio

Unha imaxe de outono. | FdV
O Concello de Cuntis está a celebrar o concurso fotográfico impulsado pola Concellería de Turismo, «Cuntis en Cores de Outono». O certame, que ten como obxectivo promover o patrimonio natural e paisaxístico do municipio durante a estación, xa recibiu numerosas participacións de veciños e visitantes, quen están a inundar as redes sociais coas súas instantáneas. A galería está a amosar a gran diversidade de Cuntis: dende as panorámicas dos prados e montes (incluíndo o emblemático Xesteiras) ata a fauna salvaxe e os detalles do patrimonio como a igrexa parroquial ou o paseo fluvial.
As imaxes, compartidas nos perfís oficiais do Concello, acadaron unha ampla difusión, chegando a miles de persoas e xerando un alto nivel de interacción. Esta actividade supón unha promoción directa e efectiva dos atractivos de Cuntis. O alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay, valorou a iniciativa e a resposta da veciñanza: «O ‘Cuntis en Cores de Outono’ superou todas as nosas expectativas. É marabilloso ver como a nosa propia xente se converte nos mellores embaixadores do concello, capturando cunha visión artística e apaixonada a beleza que nos rodea nesta época do ano. Cada foto é unha invitación directa a visitar Cuntis e descubrir os seus encantos».
- Control de 110 furgonetas en Pontevedra con 12 multas: un solo vehículo concentró cinco
- Tres mujeres heridas graves en una colisión frontal de dos coches en la variante de Caldas
- Una merluza de récord que termina en Pontevedra
- El hombre que irrumpió con un cuchillo en Comisaría de Pontevedra «buscaba que lo mataran»
- Calles llenas, pero abrir en festivo «no compensa»
- El renacer de la histórica pista del Teucro
- Premio a más de un siglo de comida «de la abuela»
- Ponte Caldelas licita las obras de su estación termal tras años de trámites