Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Barro acolle a exposición «Castelao grafista»

REDACCIÓN

Barro

O Concello de Barro e Afundación, inauguraron onte no Salón de Actos da Biblioteca Pública Municipal de Barro, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». Ao acto asistiron o alcalde Xosé Manuel Fernández; o coordinador institucional de Abanca en Pontevedra, José Luis Romero; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.

No marco da conmemoración no 2025 do Ano Castelao, Afundación homenaxea o intelectual e político rianxeiro con esta mostra, incluída no seu programa «Corrente cultural». Poderase visitar ata o vindeiro 19 de decembro, os luns, mércores e venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, e os martes e xoves, de 16.00 a 21.00 horas.

Tamén se enmarca na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración coa Federación Española de Banco de Alimentos e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais.

A exposición conta con pezas procedentes das coleccións de arte de Abanca e Afundación, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración.

Tracking Pixel Contents