Todos a Culturgal a bailar
Unhas 1.000 persoas participaron o pasado ano no «Ven e baila», un programa co que Culturgal convida a disfrutar e reivindicar o baile tradicional galego. A iniciativa reforzase cun espectáculo, faladoiros e un proxecto pioneiro: planos con instruccións para poder aprender os pasos básicos de baile

O bailador e profesor Artur Puga amosa como usar o mapa cos primeiros pasos de baile. / Culturgal
Un encontro cultural colectivo, ao que a xente se asoma e baila. Culturgal busca de novo ser un espacio para reivindicar o disfrute de bailar comunitariamente, e farao coa segunda edición de «Ven e baila», que será de novo unha das grandes citas da feira das industrias culturais.
O día 30, na xornada de despedida de Curtugal, Fran Sieira presentará o espectáculo «Un baile ceibe», que dará paso á convocatoria aberta de danza popular guiada por Artur Puga.
A visita do colectivo Vacaburra ou un faladoiro con persoeiros do mundo do baile, como Aida Tarrío, de Tanxugueiras, ou Lucía Estévez, directora de cine que traballa no mundo da danza, serán outras das propostas da xornada.
A intención de «Ven e baila» e converterse nun día de referencia do baile de Galicia e para elo están convidadas 260 asociacións.
Sinalizacións para aprender os pasos do noso baile
Como novidade, a feira será escenario da presentación do proxecto «As pegadas do baile». Trátase de sinalizacións que facilitan que calquera persoa aprenda os pasos básicos do noso baile tradicional. Estes mapas situaranse no Culturgal e a previsión é que outras cidades e vilas de Galicia tamén os reproduzan.
«A idea é que concellos, Xunta, centros educativos etc leven os pasos, unha forma sinxela sería debuxalos no chan, a cada sitio», sinala Artur Puga, impulsor do proxecto. Tamén se pretende promover que os espectáculos, festivais e centros galegos se fagan con estes mapas con liñas topográficas e cores que sinalan o xeito de empezar a bailar.
As Tanxugueiras serán as embaixadoras do proxecto e a proposta é que «todo o mundo teña nun cachiño de chan do seu pobo estes pasos para poder aprender» o básico do baile.
Con estas iniciativas búscase que a feira sexa «un espacio propio para o baile» e recalcar ante as industrias e os espectadores culturais «a importancia de darlle peso e que cada persoa veña e aporte libremente», indica Artur Puga, bailador cunha longa experiencia como docente.
Éste fixo na mañá deste xoves unha primeira demostración do uso destas sinalizacións, una proba que se desenvolveu no palco da música de Alameda, e acompañou ao director de Culturgal, Camilo Franco, na presentación destas iniciativas. Perseguen dar resposta «ao interese da xente máis nova, que reivindica a música tradicional e o baile», indica o responsable da feira sobre esta actividade comunitaria «para pasalo ben e perder o medo a bailar».
Por outra parte, la organización confirmou que a venda de entradas e bonos vai «bastante ben» para este Culturgal que estrea buscador na web a fin de que o público se oriente entre as 230 actividades propostas.
- El secuestro de un niño denunciado en Pontevedra fue toda una invención, ¿pero de quién?
- Muere atropellado un vecino de Vilaboa cuando iba a una fuente
- El hombre que irrumpió con un cuchillo en Comisaría de Pontevedra «buscaba que lo mataran»
- «En nuestra profesión ves cosas tremendas, pero es muy gratificante»
- Una experiencia dulce al completo
- Un hombre entra armado en la Comisaría de Pontevedra
- Denuncian un caso grave de maltrato a una perra: «La palabra animal les queda grande»
- Luz verde al renacer del Gafos: Pontevedra adjudica por 4,2 millones la histórica obra que destapará el río