Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Activado o programa «Modo galego» coa RAG

Pontevedra

Pontevedra estivo presente onte na xuntanza de presentación do programa «Modo galego, actívao!» no municipio de Pontevedra.

Este programa de dinamización do uso da lingua galega, que o Concello de Pontevedra desenvolverá a través do Servizo de Normalización Lingüística municipal en colaboración coa RAG e coa comunidade educativa de infantil e primaria do concello, ten como obxectivo axudar a nenas e nenos a usar o galego nos seus espazos de socialización logo de constatar as dificultades polas que atravesa a lingua galega. A diminución do número de galegofalantes é especialmente evidente entre a poboación máis nova dos contextos urbanos e periurbanos. Na primeira fase do programa está prevista a elaboración do mapa sociolingüístico escolar de Pontevedra. Na xuntanza de onte os técnicos do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega explicaron o proxecto, as fases e a metodoloxía para a recollida de datos, na que terán un papel moi importante a comunidade educativa e as familias.

Tracking Pixel Contents