Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O grupo Pica Pica fará parada en Poio na súa xira de Nadal

A programación inclúe tamén o concerto da Gramola Gominola e maxia do Mago Paco

REDACCIÓN

Poio

O Concello de Poio adianta parte da súa programación de Nadal, que incluirá actuacións, actividades e obradoiros totalmente gratuítos para todas as idades. Entre as citas máis destacadas atópase a visita do coñecido grupo infantil Pica Pica, que fará parada en Poio durante a súa xira navideña. A programación incluirá tamén o concerto de A Gramola Gominola, o teatro musical de Os tres porquiños e o espectáculo do Mago Paco. O espectáculo de Pica Pica será o domingo, 4 de xaneiro, na carpa Poio Máxico que estará instalada na Seca (18.00 horas). Toda a programación é completamente gratuíta, co obxectivo de que todas as familias, sen excepción, poidan acceder a espectáculos de primeiro nivel. A Gramola Gominola traerá a Poio o venres 19 de decembro (18.00 horas) o ‘Especial Nadal’, un espectáculo musical baseado no libro-disco O Nadal coa avoa Fina, onde non faltarán o Apalpador, humor, rock&roll e cancións para cantar e bailar en familia. Con respecto ao teatro musical Os tres porquiños, con bonecos a tamaño real, fará unha revisión contemporánea da coñecida fábula, que incorpora a Xan e Xiana, dous exploradores que viaxan polo bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. A cita será o sábado, 20 de decembro (18.00 horas). Tampouco faltará o Mago Paco coa súa maxia para toda a familia.

Tracking Pixel Contents