Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Adxudicada a segunda fase de mellora de acceso a Pastoriza

REDACCIÓN

Marín

A empresa Conva resultou adxudicataria da segunda fase do proxecto de mellora do mantemento da estrada de Pastoriza, por un importe de case 50.000 euros, que se financiarán con cargo a unha subvención do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O proxecto está deseñado para garantir que a vía manteña a súa funcionalidade e capacidade de acceso tanto para os vehículos agrícolas como para os residentes e visitantes do núcleo de Pastoriza. A vía conecta este núcleo coa estrada autonómica PO-313,

Rehabilitarase o fi rme da vía e aproveitaranse determinados sobreanchos para acadar unha calzada mínima de 5 metros de anchura, cunha pavimentación de 5,20 metros, que se ampliará a 6 metros nas curvas máis conflictivas. Esta ampliación facilitará o cruce de dous vehículos e mellorará a visibilidade, aumentando así a seguridade viaria na zona. Un dos puntos chave desta intervención será a mellora do drenaxe, que contribuirá a un desaugue máis eficaz das augas pluviais. A apertura de cunetas, a pavimentación de certos tramos e a instalación de drenaxes serán elementos esenciais para preservar o fi me da calzada, alongando a súa vida útil e evitando a contaminación do solo e das augas subterráneas.

Tracking Pixel Contents