O Concello de Barro aproba un orzamento de 3,4 millóns para o vindeiro ano
REDACCIÓN
O Concello de Barro aprobou en pleno o orzamento municipal para 2026, que ascende a 3.377.140 euros, un incremento de 130.640 euros respecto ao exercicio de 2025. Este orzamento destaca pola conxelación un ano máis de todas as taxas e impostos municipais. Poderá entrar en vigor o día 1 de xaneiro.
Un dos aspectos máis relevantes é o investimento en Política Social, que acada unha partida de 864.000 euros, representando o 21% do total do orzamento municipal. Esta partida incrementouse en 120.000 euros respecto a 2025, reforzando os servizos de apoio ás familias, maiores e persoas en situación de vulnerabilidade.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, destacou que este orzamento «é responsable, realista e pensado para protexer ás familias sen incrementar a presión fiscal». Engadiu que «desde 2020 Barro mantén débeda cero».
Ademais da política social, o orzamento contempla partidas para o mantemento de infraestruturas, obras de mellora nos espazos públicos, programas culturais e deportivos, así como accións de desenvolvemento económico local. A planificación económica do Concello busca equilibrar todas as áreas de actuación, garantindo que os proxectos se executen con eficiencia e que os servizos básicos continúen ofrecéndose sen interrupción.
- El secuestro de un niño denunciado en Pontevedra fue toda una invención, ¿pero de quién?
- Muere atropellado un vecino de Vilaboa cuando iba a una fuente
- El hombre que irrumpió con un cuchillo en Comisaría de Pontevedra «buscaba que lo mataran»
- Un hombre entra armado en la Comisaría de Pontevedra
- Mar aporta al sector más herramientas con las que mejorar su productividad
- Denuncian un caso grave de maltrato a una perra: «La palabra animal les queda grande»
- Luz verde al renacer del Gafos: Pontevedra adjudica por 4,2 millones la histórica obra que destapará el río
- Desbloqueo definitivo de la variante de Alba en Pontevedra: 12 millones y un viaducto de 242 metros