Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG alerta do «colapso» nos centros de saúde de Vilalonga e Baltar

Asegura que non se pode obter cita ata o mes de novembro

REDACCIÓN

Sanxenxo

O grupo municipal do (BNG de Sanxenxo alerta dunha nova «situación de colapso» que se está a vivir nos Centros de Saúde de Baltar e do Revel, na parroquia de Vilalonga. En ambos casos, os nacionalistas aseguran que «xa non se concertan citas cos médicos de cabeceira ata o vindeiro mes de decembro». O Bloque advirte de que «agora mesmo para moitos usuarios destes centros xa non é posible ter unha cita co seu doctor de cabeceira no que queda de novembro, cando aínda estamos chegando á metade do mes». Isto quere dicir que moitas das persoas afectadas «deberán agardar, como mínimo, máis de dúas semanas para poder ser atendidas presencialmente ou por teléfono».

O BNG lamenta que «este tipo de colapsos xa se teñen producido en máis dunha ocasión tanto en Baltar». O grupo da oposición reprocha que o alcalde «non sexa quen de atallar esta situación que por desgraza non é nova e que se repite de xeito sistemático durante todo o ano. Episodios coma esta provocan un malestar patente e totalmente comprensible entre a poboación, que, ademais, ten que ver como o Partido Popular vende a bombo e platillo un proxecto de ampliación do Centro de Saúde de Baltar. Para que queremos un ambulatorio máis grande se non existe persoal para poder dar servizo á cidadanía», conclúen os nacionalistas.

Tracking Pixel Contents