Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Novos Cinemas reforza a súa dimensión formativa e profesional

O festival presenta Ágora, Terra#LAB y Aula, espazos que amplían o compromiso

REDACCIÓN

Pontevedra

A décima edición de Novos Cinemas chega do 9 ao 14 de decembro a Pontevedra cun claro prósito: reforzar o diálogo entre a creación, a formación e a industria. O festival celebra dez anos sendo un espazo de impulso para novas autorías e faino presentando tres seccións que condensan a súa filosofía: Ágora, como punto de encontro profesional e de diálogo coa industria; Terra#LAB, o laboratorio de novas autorías; e AULA, espazo formativo que conecta estudantes, profesionais e público na exploración das novas narrativas do cinema contemporáneo.

A sección Ágora consolídase como un dos espazos centrais do festival, reforzando o diálogo profesional arredor do cinema. O venres, 12 de decembro acollerá a presentación dos proxectos do Terra#LAB e unha mesa de debate sobre a profesionalización na produción audiovisual, con representantes de empresas como Movistar Plus+, Sideral ou Begin Again.

O Terra#LAB inicia unha nova etapa mantendo o seu compromiso co cinema emerxente e co acompañamento de novos talentos. Ademais, Novos Cinemas reforza a súa vertente formativa coa colaboración da ECAM, a través dun curso dirixido por Daniela Urzola, centrado na análise das novas voces e narrativas contemporáneas, desde a autoficción ata as perspectivas queer e de xénero.

Tracking Pixel Contents