A música galega e o humor, principais atractivos do Culturgal
A feira, programada para os días 27, 28, 29 e 30 de novembro, contará coa presenza de grandes expoñentes da cultura rexional coma Manuel Rivas, Suso de Toro ou Touriñán

Camilo Franco, na presentación do programa completo do Culturgal, no Cafetín. | Rafa Vázquez
Miguel Salgado Reboreda
O Culturgal presentou onte a súa programación completa, na que destacan os concertos e a noite de humor galego. Como prólogo de ese ciclo de catro días, hoxe, na residencia de maiores de Campolongo, haberá una representación teatrak, nunha aposta da compañía por ter presenza e novos espazos de cidade.
O xoves 27 arrincará co concerto de Uxía Senlle titulado «Será por flores», ás nove da noite. A entrada a dito evento será libre ata completar aforo.
Na carteleira do venres destacan as presentacións de PuntoGal, «Raíces e Cultura. Pintando redes» (11.00 horas) e «Demostración de traballos da First Lego League Galicia» (12.00 horas), a representación teatral do Centro Dramático Galego sobre a obra de Xosé Neira Vilas, «Memorias dun neno labrego» (13.00 horas), a presentación de «Inventaria» de Emma Pedreira e «Netchu, o neno momia» de Baltar Morgade no Escenario Letras (16.30 horas), a presentación do premio Aira de libro informativo ilustrado (18.00 horas) e o recital de Fran Alonso, «Véndoche un poema. Estamos invadidos pola publicidade» (20.00 horas).
Na xornada do sábado brillan con luz propia a gravación denumerosas entrevistas no pódcast «Cultura a todas luzes» (11.30 horas), a creación en directo da viñeta de El Correo Gallego por Kiko da Silva (12.00 horas), o recital de poemas de Andrea F. Maneiro, onde delcamará poemas de «Meridiano Orixe» xunto co acompañamento de Manuel Dopico á guitarra e voz (16.00 horas), conversa sobre sincretismo e narrativa nos videoxogos (17.00 horas), a visualización do fragmento da última producción de Morraoconto, titulada «Tromsø» (18.00 horas), a conversa entre os autores ilustres da literatura galega contemporánea, Suso de Toro e Manuel Rivas no Escenario Letras (19.00 horas), o espectáculo de humor «Moito conto», con Touriñán, David Amor, Pablo Meixe, Patricia Castriñón e Marita Martínez.
Na derradeira sesión, a dominical, destaca a conversa entre as gañadoras dos premios Raíña Lupa e Castelao LIX, a producción teatral de Begala Teatro Físico da obra «Alicia wants to», a presentación dos premios Xerais, o contacontos infantil con cancións en directo chamado «O extraño caso da pedra Brum Brum», a homenaxe a Begoña Caamaño e o peche co concerto de Óscar Ibáñez e Tribo, «Tribal».
- El secuestro de un niño denunciado en Pontevedra fue toda una invención, ¿pero de quién?
- Muere atropellado un vecino de Vilaboa cuando iba a una fuente
- «En nuestra profesión ves cosas tremendas, pero es muy gratificante»
- Una experiencia dulce al completo
- El hombre que irrumpió con un cuchillo en Comisaría de Pontevedra «buscaba que lo mataran»
- Un hombre entra armado en la Comisaría de Pontevedra
- Denuncian un caso grave de maltrato a una perra: «La palabra animal les queda grande»
- Luz verde al renacer del Gafos: Pontevedra adjudica por 4,2 millones la histórica obra que destapará el río