Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Poio activa a campaña solidaria «Ningunha crianza sen xoguete»

REDACCIÓN

Poio

O Concello de Poio vén de poñer en marcha unha nova edición da campaña solidaria «Ningunha crianza sen xoguete». O obxectivo é garantir que todos os nenos e nenas de Poio poidan vivir estas festas con ilusión, sen que as dificultades económicas das súas familias lles impidan gozar da maxia e da alegría propias destas datas. A campaña estará activa ata o 28 de novembro e persoas interesadas poderán entregar xoguetes en bo estado en dous puntos habilitados polo Concello: no Pazo Besada, de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas e na Casa Rosada, en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas.

Tracking Pixel Contents