Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O GALP celebra unha xornada informativa en Portonovo

REDACCIÓN

Sanxenxo

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (GALP-RP) celebrará o 17 de novembro unha xornada informativa sobre as axudas que xestiona no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. O encontro desenvolverase ás 10.00 horas, no Club Náutico de Portonovo. A finalidade é dar a coñecer as oportunidades de financiamento que ofrece o GALP-RP para proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible do territorio, á posta en valor dos recursos mariños, á diversificación económica do sector, á mellora dos procesos de comercialización ou da calidade de vida das comunidades costeiras.

Tracking Pixel Contents