Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A doenza e a súa curación no tempo: tema para as XXIV Xornadas Blanco Freijeiro

A concelleira Beatriz Rodríguez presentou xunto ao Gonzalo Sancho, sobriño do arqueólogo, a nova edición, que xa ten as inscricións abertas

Gonzalo Sancho e Beatriz Rodríguez. |  FdV

Gonzalo Sancho e Beatriz Rodríguez. | FdV

REDACCIÓN

Marín

As Xornadas Blanco Freijeiro volverán do 24 ao 28 de novembro á Biblioteca Municipal para seguir explorando quen somos a través da arte, a arqueoloxía e a historia. Esta nova edición foi presentada pola concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, e o sobriño do historiador e arqueólogo marinense, Gonzalo Sancho.

Desta vez, a temática escollida será a doenza e a súa curación, tratándoa desde unha perspectiva histórica que permita comprender os avances da medicina e as enfermidades que tiveron que enfrontar as sociedades que nos precederon. Tamén se falará da coexistencia da medicina ofi cial e a popular, que no medio rural mestura médicos, bruxas ou relixión. E por suposto a doenza debe tratarse non só no plano físico, senón tamén no mental, onde a cultura resulta clave para a valoración social do enfermo.

Tal e como expresou a concelleira,, «estas xornadas evidencian algo moi importante nos tempos que corren: que segue a haber interese polo estudo e a análise, pola búsqueda de respostas e polo aumento do coñecemento, porque sempre son un éxito e estou segura que así e revalidará, cun tema que ten un interese practicamente transversal a calquera ser humano».

As inscricións xa están abertas a través do mail xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com.

Tracking Pixel Contents