Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Impulsan unha comunidade enerxética local na parroquia de Borela

REDACCIÓN

Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade celebrou na Casa da Cultura Nélida Piñón de Borela, unha xuntanza informativa coa presenza do deputado provincial Javier Tourís e das técnicas da Oficina de Transformación Comunitaria da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de asesorar á veciñanza na creación dunha Comunidade Enerxética Local xa que serán os propios veciños os que terán que decidir si a levan adiante.

Esta iniciativa permitirá mellorar o aproveitamento dos recursos enerxéticos, reducir os custos eléctricos e fomentar o uso de enerxías renovables no ámbito rural, favorecendo a implicación directa da cidadanía na transición cara a un modelo máis sostible. O alcalde Jorge Cubela, destacou o carácter pioneiro do proxecto.

Tracking Pixel Contents