Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Os vellos non deben de namorarse», obra en exclusiva no Teatro Principal de Pontevedra

Unha representación única o próximo sábado ás 20.30 horas

La presentación de la obra del próximo sábado.

La presentación de la obra del próximo sábado. / FdV

Pontevedra

«Os vellos non deben de namorarse» chega como espectáculo exclusivo o próximo sábado ás 20.30 no Teatro Principal con entrada libre ata completar cabida. O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentouno onte acompañado de José Luis Rodríguez de Os de Algures.

A proposta forma parte da programación do Ano Castelao, que tal e como puntualizou Gómez, «seguimos avanzando nela e tamén na implicación da sociedade pontevedresa, neste caso de entidades como os gaiteiros de Os de Algures, a Asociación Sete Espadelas, ou a Aula Municipal de Teatro».

Gómez recomendou a todos os pontevedreses que se acheguen polo Principal porque «van ver un espectáculo único que ou se ve ese día ou non vai haber máis oportunidades». Unha representación co vestiario e a escenografía de Castelao xunto á elegancia coa que se leva a cabo este proxecto.

Rodríguez salientou ca representación «contempla todo o que Castelao deseñou, porque non só escribiu a obra, fixo tamén debuxos e pinturas das persoaxes». Son conscientes de «como quería que foran vestidos, as cores e toda a escenografía».

Esta obra «trascendental» para o teatro galego que leva moitas representacións desde aquela primeira que se fixo en Bos Aires no 1941. «Escribiu esta obra coa nostalxia de estar fóra de Galicia e deixou sinalado tamén que coplas quería que se cantaran na obra».

Rodríguez quixo agradecer a «Os de Algures que poñen a música, Sete Espadelas o vestiario, a Aula Municipal de Teatro e Cafuné cos figurantes e Soalleira polo baile tradicional».

Tracking Pixel Contents