Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Instalan unha nova marquesiña no Cruce do Paraíso, en Coirados

La nueva marquesina.

La nueva marquesina.

REDACCIÓN

Marín

O coñecido como o Cruce do Paraíso, en Coirados, conta desde onte dunha nova marquesiña. O Concello solicitou á Xunta a instalación de este elemento no cruce da estrada PO-313 e a EP-0019. Foi tamén grazas á xenerosidade dun particular, que cedeu o terreo xa que non había outra ubicación alternativa en terreo público.

Esta marquesiña era moi necesaria polas persoas usuarias pola gran cantidade de maiores e de escolares que usan o transporte público ou o do cole, incluíndo neste caso dous con mobilidade reducida.

Coa situación que había ata o momento, coller o bus era perigoso especialmente nos días de choiva, xa que os usuarios tiñan que resgardarse baixo un soportal da marxe contraria e cruzaban ao vir o autobús nunha zona sen paso de peóns.

Tracking Pixel Contents