Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Pontevedra súmase tamén a Alingua

Os rapaces dos colexios elaborarán mapas sociolingüísticos propios | Vilagarcía, O Grove, Redondela ou Moaña participan neste proxecto que ten o respaldo da Academia da Lingua

Un momento da firma do protcolo con Alingua. |  FDV

Un momento da firma do protcolo con Alingua. | FDV

REDACCIÓN

Pontevedra

Os presidentes da Real Academia Galega e da Asociación de Entidades Locais pola Lingua (Alingua) asinaron onte a mediodía un protocolo de colaboración co obxectivo de desenvolver conxuntamente iniciativas para a promoción e a difusión do galego. Ao abeiro deste acordo, ambas entidades agardan impulsar a realización de mapas sociolingüísticos escolares nos municipios de Pontevedra, Vilagarcía, O Grove, Moaña, Carballo, A Coruña, Ames, Betanzos, Narón, Rois, A Baña, Ferrol, Cedeira, Ponteceso, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Santa Comba e Santiago.

«A Real Academia Galega congratúlase de poder chegar a un acordo que reforza o compromiso de case unha vintena de concellos co reto colectivo de atallar a ruptura da transmisión interxeracional do galego», salienta o presidente da Academia, Henrique Monteagudo. «Afrontamos un desafío que esixe medidas desde diversos estamentos, empezando polo goberno autonómico, pero as administracións locais poden explorar tamén novos vieiros e adquirir un rol de maior relevancia. Por iso valoramos especialmente que, a través deste protocolo, as entidades socias de Alingua reafirmen a súa vontade de seguir a dar pasos nesa dirección, nesta ocasión en colaboración coa RAG e seguindo o ronsel do proxecto piloto que desenvolvemos da man do Concello de Ames, que é parte desta rede», engade.

«É un bo punto de partida para que os concellos empecen a traballar coa RAG, para socializar as súas contribucións, e tamén para que o traballo que xa están a facer as administracións locais colla máis pulo», apunta o presidente de Alingua. «Permitiranos avanzar nun ámbito clave, o do uso da lingua na vida cotiá da infancia máis alá da educación regrada, neses espazos de convivencia onde se constrúe a identidade lingüística de verdade. Modo galego, actívao! demóstranos quepodemos intervir con metodoloxía, engaden.

Trátase de activar o «modo galego»

O protocolo entre a RAG e Alingua rubrícase dous meses despois da celebración en Rois dunha xornada na que os concellos coñeceron en detalle Modo galego, actívao!, o programa para a infancia froito dunha colaboración entre a RAG e o Concello de Ames que arrincou no ano 2018. O primeiro paso nesta alianza foi a elaboración do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, un exhaustivo diagnóstico que serviu de punto de partida para o deseño do proxecto de inmersión lingüística, que se basea nunha serie de actividades e reflexións para normalizar o uso do idioma non só no día a día nas escolas amesás, senón tamén nas actividades extraescolares, de lecer, tempo libre e conciliación familiar xestionadas pola administración local.«Concibimos desde o primeiro momento Modo galego, actívao! como un banco de probas no que ir desenvolvendo medidas para reverter o forte efecto desgaleguizador nos nenos desde as idades máis temperás que se constatou no acceso ao sistema educativo. E fixémolo coa idea de que sexa extensible e replicable noutros concellos do país. Desde a Academia ofrecemos orientación e apoio, o protagonismo corresponde agora a cada localidade e ás respectivas comunidades».

Tracking Pixel Contents