Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Todo listo para a celebración do Outubrofest na praza de España

O club de rugby organiza o evento todos os anos para recaudar fondos

Barra na carpa do Outubrofest, que cada ano se instala na praza de España. |  Rafa Vázquez

Barra na carpa do Outubrofest, que cada ano se instala na praza de España. | Rafa Vázquez

REDACCIÓN

Pontevedra

O Concello de Pontevedra presentou onte o programa do Outubrofest 2025, o evento anual que organiza o Pontevedra Rugby Club no que colabora o goberno municipal a través da área de Promoción Económica. Outubrofest comeza hoxe na Praza do Concello e celébrase até o domingo 2 de novembro, en horario de 12.00 a 24.00 horas. Todo o recadado destinarase a financiar as actividades sociodeportivas do club.

A novidade é que se manteñen os prezos dos últimos anos para unha actividade familiar que seguirá sendo a un prezo popular: «Queremos dende o mundo do deporte contribuir a dinamizar a cidade grazas á carpa que estará chea de sorpresas. É un deporte que cada vez que te achegas a velos, engancha. A xente descobre unha forma de conectar con máis xente e ademais ten das mulleres máis bravas na competición polo que fan no campo e tamén, fóra», recalcou a concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías.

A inauguración ten lugar hoxe ás 13.00 horas, coincidindo co décimo quinto aniversario. A carpa abrirá ás 12.30 horas e pechará ás 23.30.

Mañá venres, coincidindo co Samaín, a carpa e o espazo gastronómico ofrecerán produto galego como salchichas, codillo do forno de leña da Santiña e outros pratos típicos bávaros xunto con distintos tipos de cervexas, opcións de comida vegana e música en vivo.

A partir das 17.00 horas celebrarase un obradoiro de cabazas para crianzas. Xa ás 20.30 horas terá lugar o concurso de disfraces e sesión musical temática de Samaín até o peche.

O sábado 1 de novembro será o día grande, cunha sesión vermú a cargo do colectivo Dirty Old Town, que acompañará con música e ambiente festivo. Entre as 20.00 e as 23.30 horas, o espazo gastronómico e cervexeiro acollerá música de festa até peche.

Finalmente, o domingo 2 de novembro celebrarase o acto de clausura. A carpa abrirá ás 12.00 horas e ás 13.00 farase entrega da tradicional salchicha xigante e do Premio Máis que Rugby, que recoñece o traballo dun club local pola súa labor coa base. A partir das 17.00 horas haberá unha subasta popular de roupa e material deportivo e ás 21.00 terá lugar a clausura oficial.

Tracking Pixel Contents