Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Pontevedra celebra a cuarta edición do Bótalle un conto

REDACCIÓN

Pontevedra

O certame «Bótalle un conto» presentou a súa cuarta edición da man do edil de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, acompañado de Mar García, responsable da coordinación do proxecto.

García manifestou estar «orgullosa de que este sexa xa o cuarto ano». Anuncian que, a partir da semana que vén, «visitaremos centros culturais para captar en directo». O feito de gravar o conto «impón un pouco», aseguran.

Por iso,«queremos que nolo conten a nós e non estean pendentes da cámara», exclama. Adelantan que, este ano farán tamén fincapé nos centros de ensino para animar á rapazada a participar.

Por outro lado, Demetrio Gómez fixo un chamamento na procura «dos mellores contadores de Pontevedra, así que animamos as persoas interesadas a que se apunten», garantizando que «non hai que saber nada máis que ter unha historia».

As persoas interesadas poden realizar a inscrición ata o 6 de novembro en apuntate.pontevedra.gal ou no 651 720 350 de 9.00 a 14.00 horas.

Como novidade nesta edición, a organización fai un chamado á mocidade, polo que «están contempladas as gravacións en centros de ensino e premios de natureza axeitada á rapazada menor de 18 anos», cuentan.

As historias terán unha duración máxima de 4 minutos e estarán contadas en galego. O xurado, formado por contadores profesionais, realizará unha escolla dos dez contos que participarán na final, que será aberta ao público o 13 de decembro ás 19.00 horas. As catro pezas mellor valoradas optan a unha cea para dúas persoas no caso dos maiores de idade e un vale para mercar libros ou material en galego no comercio local, para os menores.

Tracking Pixel Contents