Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A aula CeMIT de Cuntis, premiada polo Colexio de Enxeñaría en Informática

Premiados no concurso. |  FdV

Premiados no concurso. | FdV

REDACCIÓN

Cuntis

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta entregaron onte os premios da iniciativa Argallando.gal, enmarcada no programa «Tech Kids», co obxecto de poñer en práctica o talento dixital da rapazada e a súa capacidade de resolución de problemas ao tempo que desenvolven competencias persoais a través dunha contorna colaborativa. O acto celebrouse no centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura, e entre as premiadas figira unha acción formativa, da aula CeMIT de Cuntis. Trátase de Xenxo Lusquiños por un traballo de modelado arquitectónico que reproduce, con alto nivel de detalle, un hórreo tradicional galego, mostrando ademais diferentes vistas e perspectivas. O primeiro galardón recaer nun estudante de Barreiros, Alejandro Paz, pol seu modelo 3D dunha catedral clásica, de gran complexidade técnica e con moito detalle.

Tracking Pixel Contents